CRTVG

Buscar

Trece pacientes xa curados da área de Vigo volven dar positivo en coronavirus

Publicado o 29/05/2020 13:49
Trece pacientes xa curados da área de Vigo volven dar positivo en coronavirus

Trece pacientes de coronavirus xa curados da área de Vigo volveron dar positivo. As PCR detectaron restos do virus nestas persoas que xa foran dadas de alta.

Foi en probas que se realizaron a pacientes que volveron aos hospitais por diversas razóns, como operacións pendentes.

Dende a Consellería de Sanidade aclaran que se trata de probas extremadamente sensibles que poden detectar partes do virus, pero afirman que isto non quere dicir que sexan contaxiosos ou que estean infectados de novo.

Noticias web

29/05/2020