CRTVG

Buscar

Trece feridos, un deles grave, no incendio dunha vivenda en Mieres

Publicado o 13/11/2019 14:44

O incendio dunha vivenda na localidade asturiana de Mieres deixou esta noite trece persoas feridas, unha delas de gravidade.

O lume declarouse nunha vivenda do terceiro andar dun edificio de cinco alturas que tivo que ser desaloxado. Entre os trece feridos hai dous bombeiros que traballaban nos labores de extinción. A máis grave é unha muller de 44 anos que foi rescatada da vivenda en que se orixinou o incendio e que ten queimaduras no 40% do corpo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019