CRTVG

Buscar

Treboadas e chuvia intensa nas provincias de Ourense e Lugo e forte sarabiada en Lalín

Publicado o 08/05/2020 22:19

Tarde de treboadas e chuvia intensa. Toda a provincia de Ourense estivo ata as nove da noite en aviso amarelo por tormentas con chuvascos puntualmente fortes. Na Cidade nas Burgas ....,  mesmo sarabiou. 

Pasadas as tres da tarde comezou a treboada acompañada dunha forte tromba de auga á que seguiron uns minutos de sarabiada. O pedrazo sorprendeu os ourensáns que estaban pola rúa a esas hora e os condutores que se desprazaban do traballo á casa. Sen incidencias destacables a treboada foise estendendo pola provincia, os 92 concellos estiveron en aviso amarelo por tormentas e chuvias puntualmente fortes.  Durante máis dunha hora choveu con intensidade e a auga acumulada dificultou a circulación dos vehículos polas autovías das Rías Baixas en dirección Madird e a AG-53 ao seu paso por Cea e O Carballiño. Na cidade a precipación acumulada nas últimas 24 horas é de 25 litros por metro cadrado. 
O ceo anunciaba treboada e as nubes comezaron a descargar sobre a cidade de Ourense. Primeiro unha forte tromba de auga e despois acompañada por uns instensos minutos de sarabia, que pillou por sorpresa a pouca xente que andaba pola rúa. Non houbo estragos, pero durante unha hora choveu con moita forza. 

A tormenta estendeuse por toda a provincia e a intensa chuvia obrigou a reducir a velocidade dos vehículos que se desprazaban polas autovías A-52 en dirección a Madrid e pola AG-53 en dirección O Carballiño. Unha forte sarabiada colleu desprevidos os que viñan a Ourense ao seu paso por Lalín. 

Na cidade acumuláronse nas últimas 24 horas 25,1 litros por metro cadrado e tras estas precipitacións tormentosas volveu a calma. 

Na provincia de Lugo tamén se rexistraron treboadas durante a tarde

Caeron sobre todo na contorna da capital e na Terra Chá. Aínda que houbo numerosos tronos e lóstregos, a chuvia non foi tan intensa como se agardaba e non se produciron complicacións nin incidentes derivados das precipitacións. Nada que ver co acontecido na pasada noite cando caeron máis de 150 raios nos concellos da montaña luguesa. O maior efecto da treboada de hoxe foi o de ver as rúas baleiras de novo, como no confinamento.

Nesta xornada estamos en aviso amarelo por treboadas con chuvias fortes nas provincias de Ourense e Lugo. Claro que tamén pode verse afectado o interior doutras provincias. Miren estas imaxes de sarabia gravadas por unha persoa de Lalín. Fíxense no río de agua que vai pola estrada. En só unha hora recolléronse 36 litros de auga por metro cadrado. Boa parte dela en forma de sarabia. Ata as 6 da tarde rexistráranse máis de seiscentos raios na comunidade. A boa noticia é que a situación comeza a remitir e parece que a noite será máis tranquila.