CRTVG

Buscar

Trazo, Boqueixón e Val do Dubra ven aliviadas as restricións, pero perden mobilidade

Publicado o 25/11/2020 15:10

Trazo, Val do Dubra e Boqueixón saen do perímetro de Santiago, porque tiveron unha mellora moi importante nas súas cifras. Así que a partir de mañá os únicos concellos que quedan pechados con Santiago son Ames, Oroso, O Pino, Teo e Vedra. 

E que supón este cambio? Pois paradoxalmente, significa que estes veciños de Val do Dubra, de Boqueixón e de Trazo, que están mellor ca o resto da comarca, xa non poderán entrar en Santiago salvo por causa xustificada. Algo que antes, coa situación peor, si que podían facer. 

Poderán volver reunirse con persoas coas que non convivan, sempre que non sexan máis de seis. Tamén poderán tomar algo nun bar, xa que reabre a hostalería. Iso, sen dúbida, é unha mellora para o seu día. Pero o que xa non poderán facer é entrar libremente na área perimetrada de Santiago, que é a cabeceira da comarca. 

Noticias web

25/11/2020