Tratan de recuperar o cruceiro do Centro Galego de Madrid que apareceu roto
Publicado o 12/11/2020 15:38

O Centro Galego de Madrid xa traballa para reconstruír o cruceiro de pedra que no seu día doou á cidade, que o pasado venres foi destruído.
O cruceiro estaba situado na praza de Jacinto Benavente, moi preto da propia sede do Centro Galego. O venres apareceu roto, e aínda que nun primeiro momento se pensou nun acto vandálico, tanto a Policía Municipal como o propio Centro Galego barallan agora que a rotura se produciu de forma accidental.