CRTVG

Buscar

Tratan de recuperar áreas queimadas de Ponteareas coa plantación de bidueiros

Publicado o 12/07/2019 16:16

É a zona cero dun dos maiores incendios da vaga de incendios de outubro de 2017, o que comezou en Padróns, no concello de Ponteareas, e calcinou preto de 9.000 hectáreas. Desde hai 7 meses trabállase na rexeneración ambiental do monte. Creáronse dúas zonas de pastizais de 145 hectáreas. O proxecto inclúe tamén a plantación de máis de 100.000 bidueiros que servirán como cortaincendios. "Cal é o obxectivo? Que poidan convivir as especies forestais que teñen a rendibilidade e que a través destas discontinuidades fagamos o noso monte o máis resistente posible aos incendios forestais", explicaba Xosé González, conselleiro do Medio rural.

O conselleiro do Medio rural considera que este proxecto pode servir de exemplo para rexenerar outras zonas afectadas polos incendios.

Noticias web

12/07/2019