CRTVG

Buscar

Tratan de localizar o home que apuñalou un veciño de Carballo ás portas dunha discoteca

Publicado o 12/07/2020 14:41

A Policía Xudicial trata de localizar o home que, segundo varias testemuñas, apuñalou un veciño de Carballo ás portas dunha discoteca. A vítima recibiu dúas coiteladas nun pulmón, pero a súa vida xa está fóra de perigo.

Non transcenderon as causas da lea. Si confirmaron varias testemuñas que os dous homes se encararon ás portas da discoteca. Un deles sacou unha navalla. A vítima recibiu dúas coiteladas nun pulmón.

O agresor fuxiu a pé. Un amigo auxiliou o home acoitelado mentres agardaban a chegada dos servizos sanitarios e das forzas de seguridade. A vítima segue ingresada no hospital, xa fóra de perigo. Era o primeiro día de apertura da discoteca tras o estado de alarma. Os responsables do local aseguran que non se produciu ningún incidente no interior e desvencéllanse do suceso. Nos comercios da zona confirman que as liortas son habituais, pero a maioría prefire non aparecer diante das cámaras.

A Policía Xudicial de Carballo trata de localizar o autor das navalladas.