CRTVG

Buscar

Tratan as metástases hepáticas cunha técnica con microondas máis rápida e sinxela

Publicado o 15/01/2020 14:07

A carteira de servizos do HULA amplíase coa posta en práctica dunha nova técnica para tratar a metástase hepática. Dentro do quirófano e a través de microondas poden tratar o tumor en zonas de difícil acceso.

"Con microondas o que pretendemos é destruír unha lesión hepática, normalmente metastásicas, que a cirurxía non pode abordar porque é tecnicamente difícil", sinalou Xosé Conde, xefe de cirurxía do HULA.

A técnica con microondas, que se aplicou xa en dous pacientes, substitúe a radiofrecuencia e achega importantes beneficios.

"É moito máis rápida, máis sinxela e pódese facer máis veces, a radiofrecuencia tarda moito máis tempo e realmente está máis limitada", sinalou Xosé Conde, xefe de cirurxía do HULA.

O tratamento con microondas permite obxectivar mellor a destrución do tecido patolóxico e convértese nun importante complemento da cirurxía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2020