Tratamento innovador no CHOP: xuntan plasma e un fármaco contra a COVID-19
O Complexo Hospitalario de Pontevedra acaba de aplicar un tratamento innovador para tratar un caso grave da Covid-19. Xuntaron dous tratamentos, a transfusión de plasma de curados e un medicamento que acurta o tempo que o virus permanece no doente.
É a primeira vez que se empregan de forma conxunta en Galicia e tamén dos primeiros hospitais en facelo en España, con boas perspectivas.
A carga viral que ten un doente infúe na evolucion da Covid-19. No Complexo Hospitalario de Pontevedra, un caso grave fíxoos combinar dous tratamentos de xeito innovador.
A doente tiña unha pneumonía bilateral e estaba inmundeprimida. Puxéronlle plasma de curados, para que recibise os anticorpos, e ademais engadiron ao tratamento un fármaco que acurta o tempo que o virus permanece no infectado. É a primeira vez que se unen as dúas terapias en Galicia.
Neste momento estase a facer un ensaio clínico co fármaco empregado en máis de 1.500 doentes no mundo.
No caso de Pontevedra, a muller xa que estivera infectada pola Covid-19 con anterioridade e volveulle reaparecer, polo que tamén van facer un estudo xenético.