CRTVG

Buscar

Trasladan unha persoa ao hospital tras un incendio no cuarto dun hotel de Ponteareas

Publicado o 02/08/2020 10:30

Aínda co susto no corpo, a propietaria deste hotel de Ponteareas trata de avaliar os danos dun incendio nun dos cuartos. Un home, que estaba dentro do cuarto cando comezou o lume, tivo que ser trasladado ao hospital por inhalación de fume.

Os hóspedes do cuarto andar foron recolocados noutros cuartos e o hotel trata de recuperar a normalidade, á espera de poder arranxar os danos causados polo incendio.