Trasladan unha muller ao hospital tras un accidente no Rally Rías Baixas en Vigo
Publicado o 24/07/2021 19:14

Trasladan en ambulancia unha muller duns 30 anos ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras un accidente no Rally Rías Baixas en Vigo. O suceso tivo lugar no mediodía deste sábado e foi o servizo de urxencias o que deu o aviso ao 112. Segundo as primeiras hipóteses da policía local de Vigo, o accidente puido ter lugar ao quedar o vehículo sen freos e saír do trazado nunha curva. Tamén se está a comprobar se a persoa atropelada estaba nun lugar habilitado para ver a proba.