CRTVG

Buscar

Trasladan de urxencia o último bebé que naceu no hospital de Verín

Publicado o 28/11/2019 14:34

O último bebé que naceu no Hospital de Verín tivo que ser trasladado de urxencias ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Pouco despois do seu nacemento sufriu falta de osíxeno e os facultativos decidiron que o mellor era tratalo en Ourense. Alí permanece na unidade de coidados intensivos.

O bebé non corre perigo, pero está sendo atendido polos profesionais, que lle están a realizar todo tipo de probas. Permanecerá ingresado en Ourense ata que os niveis de osíxeno en sangue recuperen a normalidade. A nai continúa en planta no hospital de Verín.

Foi o último parto antes do peche do servizo, anunciado para o día 1 de decembro. A imaxe do bebé e da súa nai protagonizan hoxe os principais xornais locais pedindo que non se peche a sala de partos en Verín.

Noticias web

28/11/2019