CRTVG

Buscar

Trasladan ao hospital unha muller de Barbadás tras un incendio na súa vivenda

Publicado o 31/12/2019 14:27

Unha muller foi trasladada ao Complexo Hospitalario Ourensán por inhalación de fume tras un incendio rexistrado na súa vivenda. Aconteceu nun piso da Valenzá, no concello de Barbadás. A vítima durmía cando se orixinaron as lapas, ao parecer por un curtocircuíto.

O lume orixinouse nun piso do primeiro andar deste edificio. Eran as oito e media da mañá. Foi a propia inquilina quen avisou os servizos de emerxencia cando espertou e atopou a vivenda chega de fume.

O lume orixinouse no salón, que foi a estancia máis afectada.

Os servizos de emerxencia barallan un cortocircuíto como a causa máis probable do incendio.

Foi preciso evacuar os pisos lindeiros por preacaución mentres non se sufocaron as lapas. Os traballos de extinción e ventilación estendéronse durante pouco máis dunha hora.

Noticias web

31/12/2019