CRTVG

Buscar

Continúa na UCI o neno de Salceda de Caselas que caeu nunha piscina

Publicado o 05/06/2019 13:12

O neno que caeu a unha piscina en Salceda de Caselas permanece na Unidade de Coidados Intensivos, do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Os veciños de Castro Barreiro, onde ocorreu o suceso, están moi pendentes da evolución do pequeno.

O cativo permanece sedado e o seu estado segue sendo grave. Foi un axente da Policía Local o primeiro que intentara reanimalo. Finalmente os equipos sanitarios trasladados á zona conseguiran mantelo con vida, tras intensos labores de reanimación. A Garda Civil investiga as causas do suceso, pero todo apunta a un tráxico accidente, que ten conmocionada a parroquia de Santa María.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/06/2019