CRTVG

Buscar

Un mozo queda ferido tras ser atropelado na Coruña cando ía nun patinete

Publicado o 26/10/2021 14:13

Un mozo tivo que ser trasladado a un hospital despois de sufrir un accidente na Coruña. Conducía un patinete eléctrico. Foi nos Rosales, entre as rúas Azaña e Castelao, á primera hora da mañá.

Chocou cun turismo no acceso á glorieta. Aínda non había luz e parece que o condutor do coche non viu o mozo no patinete e, aínda que o choque foi moi leve, levou un golpe ao caer.

Sufriu feridas na cabeza e mancouse nun pé, e a Policía Local considerou necesario trasladalo a un hospital a facerlle unha exploración. As autoridades lembran a importancia do uso do casco nestes vehículos e de ter en conta as malas condicións de visibilidade e portar pezas de roupa vistosas, que, aínda que non son obrigatorias, son moi recomedables para evitar accidentes.

Noticias web

26/10/2021