CRTVG

Buscar

A igrexa de San Francisco acolle a cerimonia da Translación dos restos do Apóstolo

Publicado o 30/12/2019 08:14

O presidente do Parlamento representa o Rei na tradicional ofrenda da Translación dos restos do Apóstolo Santiago. Miguel Santalices xa foi o delegado da Casa Real nos últimos tres anos.

A cerimonia vaise facer na igrexa de San Francisco e non na catedral, como é tradicional, debido ás obras de restauración que se están facendo no interior da basílica compostelá.

A translatio lembra a viaxe dos restos de Santiago desde Xerusalén ata o porto de Iria Flavia, en Padrón. A tradición xacobea di que desde Iria foron transladados por un carro de bois que se detiveron no lugar de Libredón, onde hoxe se erixe a catedral.

Santalices repite como delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019