CRTVG

Buscar

Calvente: "En Podemos hai un equipo a soldo para cargarse os xuíces e os que lles atacan"

Publicado o 17/09/2020 14:51

Na súa declaración, o ex-avogado de Podemos acusou a formación de montaxe no caso Dina, o que investiga o roubo da tarxeta do móbil da que foi asesora de Pablo Iglesias. "Non dixeron toda a verdade. Por que?, porque agocharon que as capturas as fixo Dina. Aí hai unha estratexia", dixo Calvente

Unha estratexia coa que, segundo Calvente, buscaban rédito electoral "pois que esa tarxeta non lla quixo devolver Iglesias a Dina porque non se fiaba dela e tiña medo de que se filtrara antes das eleccións do 26 de xuño"

Na declaración que entre outros medios, rexolle o xornal El Mundo, apuntou directamente á cúpula de Podemos. "A estratexia é moi sinxela. Imos usar o caso Villarejo para beneficio político", mantivo perante o xuíz o ex-avogado de Podemos

Dixo sentirse perseguido. E denunciou insultos e amezas de todo tipo. "Está incitado polo que se chama guerrilla de Podemos. Podemos ten un equipo a soldo do partido para cargar a todos os xuíces e a todas as persoas que atacan a Podemos. Porque hai moto louco en Podemos, hai bases moi loucas. Hai moitos radicais. Hai moita kaleborroka en Podemos tamén", declarou.

Preguntado polo xuíz, recoñeceu que non pode achegar probas e que a información que ten lla comentaron persoas próximas a Pablo Igelsias.

Noticias web

17/09/2020