CRTVG

Buscar

Tras vinte anos de negociacións, acordo de libre comercio entre a UE e Mercosur

Publicado o 29/06/2019 11:13

A Unión Europea e o Mercosur acadaron este venres un acordo de libre comercio despois de vinte anos de negociacións. Así o confirmou o presidente da Comisión, Jean-Claude Juncker, que cualificou o acordo de "histórico".

O tratado que aínda debe ser aprobado polo Parlamento Europeo, escenificouse xa no cumio do G-20 no Xapón a carón dos mandatarios da Arxentina e do Brasil.


Junquer destacou que as empresas europeas aforrarán 4.000 millóns de euros ao ano en aranceis e que poderán chegar a un mercado de 260.000 millóns de consumidores.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/06/2019