Tras un ano de pandemia, a incerteza convértese na maior dificultade que ten que superar quen prepara oposicións
Publicado o 18/02/2021 21:30
Isabel leva dous anos preparando oposicións. Coa irrupción da pandemia viu alterada a súa rutina de estudo e, un ano despois, recoñece que aínda non a recuperou, sobre todo animicamente. E as actuais restricións tampouco axudan.
Recentemente titulada, Raquel é a primeira vez que prepara oposicións. Faino aínda que sabe que non se poderá presentar á convocatoria deste ano.
Hai un ano a pandemia obrigou a cancelar exames e aprazar convocatorias. Nas academias impuxéronse as clases virtuais, que hoxe en día é a fórmula máis seguida.
Para os que preparan oposicións a maior dificultade radica nestes momentos na incerteza xerada pola situación de pandemia.