CRTVG

Buscar

Tras os Montes pide unha autovía ata A Gudiña para beneficiarse da chegada do AVE

Publicado o 10/05/2019 12:47

As obras da estación do AVE da Gudiña comezarán en cuestión de días e para chegar dende Tras os Montes ata esa futura estación hai que atravesar agora o parque natural de Montesinho por una estrada en malas condicións, dende o municipio máis próximo tárdase unha hora. Reclaman unha autovía dende Macedo de Cavaleiros, pasando por Vinhais ata A Gudiña.

"Tendo alí a estación do AVE toda a rexión norte do país beneficiaríase con esa conexión e sendo unha rexión máis despoboada beneficiaría aínda máis diso e permitiría máis desenvolvemento", di o presidente da Cámara Municipal de Vinhais, Luís Fernández. 

"Para nós é moi importante porque melloraría as comunicacións, melloraría as relacións entre os dous países e teriamos unha porta de entrada para moito viaxeiro, para moito turista e mesmo para desenvolver empresas", cre o alcalde da Gudiña.

As conversas xa comezaron e neste mes está previsto unha reunión entre a Xunta, a Deputación de Ourense e os alcaldes de ambos os dous lados da raia.

Noticias web

10/05/2019