CRTVG

Buscar

Tras o cumio en Singapur, os dous líderes regresan á casa como vencedores da batalla

Publicado o 13/06/2018 21:21

Como dous vencedores. Así volveron aos seus fogares tanto Donald Trump como Kim Jon-un. O líder norcoreano pasou por alto no seu país o seu compromiso da desnuclearización, e o estadounidense tamén se amosou gañador da súa batalla. As reaccións dos países máis beneficiados por esta nova vía diplomática, como A China ou Corea do Sur, non se fixeron esperar.

Despois dun gran día de celebración, chega a resaca do cumio. Como era de esperar, os dous líderes volveron aos seus países cantando vitoria. Así se despedía Kim Jon-un de Singapur, satisfeito polas primeiras sinaturas entre os dous líderes e despois de facer turismo nocturno por Singapur.

E así o vendeu nos medios oficiais do réxime, ademais de facer historia, conseguiu que Trump suspendera as manobras conxuntas do seu ejército coas forzas de Corea do Sur. Iso si, o compromiso de abandono do seu programa nuclear pasouno case por alto. 

Trump tamén apareceu nos medios norteamericanos confirmado que non haberá máis xogos de guerra mentres Corea do Norte cumpra o seus compromisos. Cargou duramente contra o que considera un dos peores inimigos dos Estados Unidos, os medios de comunicación que cualifica de falsos. Non quixo pasar por alto o seu menosprezo ao acordo de Singapur.

As reaccións á apertura das relacións entre os Estados Unidos e Corea do Norte foron inmediatas. 
A China escoitaba tras a cortina ás agachadas, sabendo que era un dos maiores beneficiados desa xuntanza histórica. De feito o mandatario norcoreano acudiu á reunión nun avión de Air China, para que quedara claro quen estaba apoiando esas negociacións. Que a reunión saíra ben, garante tranquilidade na China, sempre e cando as relacións non se estreiten tanto como para perder o seu mellor aliado, Corea do Norte.

Os primeiros movementos diplomáticos estadounidenses xa comezaron. O secretario de Estado norteamericano, Mike Pompeo, viaxou primeiro ata Seúl e despois á China, para explicar o resultado do cumio e activar os acordos. Á reunión na capital de Corea do Sur, acudiu tamén o ministro xaponés de Exteriores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018