CRTVG

Buscar

Poderanse volver vender plantas sas de cítricos

Publicado o 28/08/2019 19:40

A prohibición de vender cítricos nas zonas afectadas pola praga da psila podería desaparecer en pouco tempo. Un cambio na norma permitirá vender árbores sas seguindo o modelo portugués.

Levan catro anos sen poder vender cítricos, unha das árbores favoritas nos xardíns galegos. A chegada da psila ou tryoza, unha praga de corentena, fixo que se adoptara esta medida en 133 concellos, fundamentalmente da costa. Agora está previsto un cambio inminente na norma, que permitirá que vendan as plantas se pasan determinados controis.

A idea é controlar a praga sen prexudicar os viveiros. O perigo deste pequeno insecto é que pode actuar como vector dunha enfermidade letal para os cítricos chamada dragón amarelo. Polo momento, a psila que chegou a Galicia non transmitiu a bacteria, pero cómpre estar vixiantes.

As verrugas nas follas e estes puntos no seu envés son os síntomas máis claros da psila. Cómpre notificalos á Xunta e tratar o cítrico con algún produto similar ao dos pulgóns.

Noticias web

28/08/2019