CRTVG

Buscar

Tras as seladas con Compromís, Equo e a Chunta, Máis País pendente de novas alianzas

Publicado o 28/09/2019 14:42

A forza política que se estrea nas vindeiras eleccións, "Máis País" de Íñigo Errejón, segue pechando acordos para estenderse desde Madrid a outros territorios e partidos. O maior desafío téñeno agora en Cataluña, onde a cúpula dos "comúns" de Ada Colau xa optou por manter a súa alianza con Podemos.

A súa presenza na manifestación contra o cambio climático de onte é a única aparición pública de Íñigo Errejón prevista esta fin de semana. "Máis País", a nova forza política impulsada polo ex-número dous de Podemos apura as horas ata que este luns se peche o prazo para os acordos políticos precisos onde opte por alianzas. Onte sóubose que ao pacto inicial con Compromís, para as tres provincias valenciás, se lle vai sumar outro coa Chunta Aragonesista só para Zaragoza. Máis dificultades atopan en Cataluña, onde os comúns de Ada Colau escolleron seguir con Podemos. Tamén hai dúbidas en Galicia, a pesar de que aquí xa se ofreceron como socios desde En Marea os de Luís Villares. Tras os destes movementos, os seguintes pasos serán decidir en que provincias e con que candidaturas se presentarán en solitario. En Murcia é seguro que o farán cos dous únicos parlamentarios autonómicos de Podemos, tras pasárense ao partido de Errejón. Ese camiño, finalmente, non o van emprender os dirixentes de Andalucía, onde a líder dos morados acaba de anunciar que van presentarse como Podemos.

Noticias web

28/09/2019