Tras anos de sufrimento, o Deportivo volve sorrir cun comezo de campionato perfecto
Publicado o 14/09/2021 16:09
Tras anos de sufrimento, o Deportivo volve sorrir. O comezo de Liga é impecable. O equipo é eficaz arriba e seguro atrás. Hai que remontarse aos anos gloriosos de Primeira para atopar un arranque así. En tres xornadas acadou tantas vitorias fóra como en toda a temporada pasada.
Outro motivo de ilusión son os canteiráns. Trilli e Noel pasaron do xuvenil campión de España a lucir no primeiro equipo, sen pasar sequera polo filial. Noel asinou dous goles en minutos. Unha irrupción como non se lembra en anos.
Outro que non falla é o xogador número doce: o Deportivo está á beira dos dezasete mil socios, cifras coas que ningún outro da categoría pode soñar.