CRTVG

Buscar

Tras 51 días, Vigo despide ata o ano o seu intenso Nadal

Publicado o 12/01/2020 21:30

Tantas noites, cincuenta e unha en total, tantas rúas, 307, baixo o paraugas de dez millóns de luces led de Nadal acaban por crear certa dependencia.

Dende o concello avanzan que este Nadal foi o máis concorrido na historia da cidade. Desde o 23 de novembro estiman que por aquí pasaron máis de tres millóns de persoas. Esta imaxe é de minutos antes do apagado. As rúas do centro aínda fervían coa xente.

Pero antes, nesta noite do peche Tony Lomba e Elio dos Santos deron un concerto desde dentro da árbore de Nadal, fronte á xente que agardaba na rúi do Príncipe e a Porta do Sol. Despois o alcalde da cidade, Abel Caballero, contou cara atrás ata chegar ao apagado final das luces de Nadal de Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2020