CRTVG

Buscar

Os xefes da Policía e a Garda Civil durante o 1-O acusan os Mossos de pasividade

Publicado o 07/03/2019 13:05

O daquela xefe superior da Policía Nacional en Cataluña sempre contemplou que o 1 de outubro ía ser moi complicado. Dixo que a misión inicial do corpo era dar apoio aos Mossos, pero todo cambiou ao plan B pola "inacción e ineficacia" da Policía Autonómica.

O que atoparon nos colexios, dixo Trapote, foron individuos organizados que actuaban "con alta virulencia" contra os axentes.

O xefe da Garda Civil tamén levantou dúbidas sobre a actuación dos Mossos, que definiu como pasiva e, nalgúns casos, de resistencia.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2019