CRTVG

Buscar

Trapero, este luns ante a Audiencia Nacional acusado de rebelión

Publicado o 19/01/2020 21:23
Trapero, este luns ante a Audiencia Nacional acusado de rebelión

O ex-maior dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluís Trapero, volve mañá á Audiencia Nacional para responder pola súa actuación durante o procés. A fiscalía pide para el once anos de cárcere, e acúsao de rebelión por poñer os Mossos ao servizo do plan secesionista.

Este novo xuízo chega despois da sentenza do Supremo aos políticos, por sedición. O propio Trapero, como testemuña, dixo naquel xuízo que el advertira ao Goberno da Generalitat de que o seu referendo ía ocasionar conflitos graves de orde pública.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/01/2020