CRTVG

Buscar

Trapero desvela que os Mossos tiñan un plan para deter a Puigdemont

Publicado o 14/03/2019 22:02

Na sesión da tarde, o maior dos Mossos, que non se negou a declarar a pesar de estar imputado por rebelión na Audiencia Nacional, contou que a policía catalá non coñecía a transcendencia da declaración unilateral de indepedencia pero que intuía que era algo grave. Por iso chamou ao Tribunal Superior de Xustiza por se ordenaba a detención de Carles Puigdemont e dos seus conselleiros.

Trapero tamén confirmou que antes do referendo, na reunión do 28 de setembro, alertou de que o 1 de outubro podía haber problemas de orde pública porque ían coincidir dous millóns de persoas coa intención de facer algo e 15.000 policías que tiñan orde de impedilo.

O presidente do tribunal xa advertira a Fiscalía que non podían preguntar sobre esas reunións porque a acusación particular que exerce Vox non o fixo. Trapero acusou o conselleiro do Interior de irresponsable por prometer que os Mossos permtirían votar e defendeu a actuación da policía catalá.

Coa declaración do maior dos Mossos finalizou esta décimo sexta sesión do xuízo xa que algunhas das testemuñas que estaban citadas negáronse a declarar por estar investigadas noutro procedemento. Ese é o caso de Josep María Jové, man dereita de Oriol Junqueras.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019