CRTVG

Buscar

Trapero censura a actitude do Govern no 'procés' e a "irresponsabilidade" de Forn

Publicado o 14/03/2019 20:00

Día clave no xuízo do procés, coa declaración do maior dos Mossos. Josep Lluís Trapero dixo que a Policía Autonómica sempre cumpriu as ordes xudiciais e nunca tivo intención de facilitar o referendo. Trapero foi moi crítico co daquela conselleiro do Interior, Joaquim Forn, ao que cualificou de "irresponsable".

Josep Lluís Trapero tiña a opción de non declarar, dado que está acusado de rebelión polos mesmos feitos na Audiencia Nacional. A Fiscalía considérao unha peza clave para impedir ou dificultar o cumprimento das resolucións xudiciais. Trapero optou por declarar, acompañado da súa avogada. Admitiu que había tensión social en Cataluña, e defendeu que o dispositivo para sacar a secretaria xudicial da Consellería de Economía o 20 de setembro era seguro.

Trapero dixo que os Mossos sempre quixeron actuar conforme á legalidade. Recoñeceu que estaba incómodo pola deriva do procés, e amosou discrepancias co conselleiro do Interior, Joaquim Forn.

Como proba, o maior deu cifras: o un de outubro os Mossos pecharon 134 colexios e requisaron 430 urnas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019