CRTVG

Buscar

Trapero alega que nunca compartiu o plan independentista

Publicado o 09/04/2019 20:21

O maior dos Mossos alega no seu escrito de defensa que nunca compartiu o plan independentista da Generalitat e que sempre respectou a orde constitucional. O maior dos Mossos renega do plan dos independentistas, pero acusa a policía e a Garda Civil de saltar o plan operativo do un de outubro. Trapero di que empezaron a actuar antes do previsto.

Mentres, no Supremo continúa o xuízo contra os responsables do 'procés', en que varios gardas civís deixaron testemuños das agresións que sufriron durante o operativo do 1 de outubro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/04/2019