CRTVG

Buscar

Transvasan a terra 50 toneladas de combustible do Blue Star

Publicado o 30/11/2019 20:23

Ás cinco e media da tarde interrompeuse a operación de bombeo do combustible do Blue Star ás cisternas de terra. A luz é un elemento imprescindible para detectar posibles fugas e a compañía holandesa Smit non está disposta a asumir riscos innecesarios. Nesta primeira xornada de transvasamento xa se retiraron preto de cincuenta toneladas de fuel e gasóleo. Quedan outras sesenta. O alcalde de Ares explicou que "onte quedou todo listo, fixéronse as probas con éxito. Hoxe pola mañá comezaron, tiveron que parar un momento porque houbo un problema nunha brida nunha mangueira do barco e a continuación retomaron os labores."

Trinta persoas participan no operativo, supervisado por Salvamento Marítimo. O Don Inda permaneceu na zona ata que se suspenderon os traballos. O remolcador está equipado con barreiras anticontaminación para controlar perdas eventuais. "O domingo pola tarde remata, ou se non o luns pola mañá. A partir de aí hai un problema dun barco encallado que xa non ten a bordo ningún combustible e que, en consecuencia, nos permitrá dumir máis tranquilos". 

Oito camións cisterna trasladan os carburates á planta que a xestora de residuos Ingaroil ten no polígono industrial de As Somozas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/11/2019