CRTVG

Buscar

Transportistas e autónomos únense contra a suba de peaxes da AP-9

Publicado o 12/12/2019 15:01

É a máxima suba nunha autoestrada española por terceiro ano consecutivo. A AP-9, a vía que vertebra Galicia de norte a sur, convértese nun castigo para os autónomos e transportistas. Consideran que as tarifas son desproporcionadas.

Buscan apoios para facer fronte a esta situación coa constitución dunha plataforma pública contra as subas da AP-9 aprobadas por Fomento. Os empresarios falan dun dano importante á economía galega.

 

Noticias web

12/12/2019