CRTVG

Buscar

Tranquilidade e poucos nenos por Santiago no segundo día de paseo infantil

Publicado o 27/04/2020 15:49

Talvez polo luns, talvez polo tempo, á Alameda parecía custarlle espertar.

"O mundo é diferente. Sorprendeume porque aquí en Santiago había moi pouca xente paseando. Agardaba atopar moita máis xente".

Segundo día de paseo infantil.

"Non levabamos nin sequera unha hora e xa me dicía de marchar para a casa. Penso que os nenos afanse a estar na casa".

Algúns teñen que vencer certa preguiza para saír.

"Estou mellor na casa".

Pero outros non tardaron nada en sacudir esa preguiza e festexar a rúa.

"Xenial. Sentíame pechada na casa, coma se fose prisioneira no cárcere".

E agora, a xogar coas pombas...

É un non parar de movemento entre sensacións novas.

"Onte viñemos por primeira vez aquí, e con tanto verde, tanto espazo, ata parecía que te mareabas".

Hai moita enerxía que gastar.

"Pasear non, imos facer carreiras".

Algúns vense de súpeto tendo que afacerse a levar máscara.

"Pouco a pouco". "Porque hai coronavirus".
"É un bicho que non podo ver cos meus olliños".

O que si podemos ver é a explocsión desta primavera.

"A Alameda está espectacular".

Espectacular é tamén poder contemplar outra vez a vida cos ollos dun neno que pisou un charco.

 

Noticias web

27/04/2020