Tranquilidade: a PCR nos máis pequenos non ten efectos secundarios
A alerta saíu dun médico galego ao constatar que algúns proxenitores se negan a facerlles a PCR aos seus fillos pequenos con síntomas. Sosteñen, entre outros motivos, que pode ser dolorosa e invasiva en idades moi temperás.
Os pediatras galegos aseguran que a negativa dos pais non é o habitual. Con todo, cando o facultativo recomenda facer a PCR é polo ben do paciente e dos seus achegados.
De feito, en caso de non querer facérllela aos nosos fillos, o pediatra ten que notificarllo ao xulgado de garda. Os proxenitores poderían enfrontarse a multas de ata 3.000 euros.
Non facer esta proba significaría para os proxenitores que o cativo ten que tratarse como un positivo. Así o confirman os pediatras. Tamén engaden que detrás dun neno con coronavirus hai xeralmente un ámbito familiar con varios positivos que contaxiaron previamente os pequenos.