Trail do Románico, mestura de cultura e deporte en Silleda
Publicado o 30/07/2019 16:30
Unha mestura de deporte e cultura. Trail do Románico. Unha maneira de mostrar a beleza natural e monumental da zona co deporte como testemuña. En quince quilómetros pásase pola fervenza do Toxa e polo mosteiro de Carboeiro.
O trail está de moda, a superficie angustia menos os atletas, e os percorridos ofrecen unha dimension especial. Non hai máis que fixarse no que atopan co Trail do Románico a esquerda e dereita.
Un canto á paisaxe, á historia e á cultura deste recuncho do Deza que trata de publicitarse co exercicio físico, coa actividade deportiva.