Trafigura presenta unha oferta de compra por Alcoa
Publicado o 30/06/2021 20:11
Nas últimas horas coñeceuse unha das ofertas de compra pola factoría de Alcoa en San Cibrao. Trátase da multinacional Trafigura que ten como principal novidade a intención de que os empregados participen do capital e evitar así conflitos como os das plantas de Avilés e A Coruña. A oferta inclúe tamén un proxecto de garantías legais, laborais e industriais. Trafigura é unha das principais empresas do índice Fortune 500 con actividades vencelladas ao metal e a minería por todo o mundo que dan emprego a 4.000 traballadores. O pasado ano os seus beneficios foron de 5.000 millóns de euros. A compra faríase a través dunha das filiais de Trafigura.