CRTVG

Buscar

Tráfico propón que para sacar o carné sexa obrigatorio escoitar o testemuño de vítimas de accidentes

Publicado o 19/11/2019 20:16

Para conducir de xeito seguro non abonda con saber o código de circulación, cómpre coñecer os riscos e as consecuencias dunha condución temeraria. Por iso, Tráfico propón que para sacar o carné sexa obrigatorio escoitar nas aulas as vítimas de accidentes.

A nova norma aínda non está en vigor, pero os expertos teñen claro que urxe cambiar os comportamento dalgúns condutores, porque os accidentes, din, son un problema de saúde en que máis vale previr que curar.

Da concienciación e doutros aspectos relacionados coa seguridade viaria estase a falar neste congreso da Confederación Nacional de Autoescolas, na Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019