CRTVG

Buscar

Tráfico intensifica os controis de mobilidade esta fin de semana

Publicado o 05/03/2021 09:41

A Garda Civil intesifica os controis de mobilidade durante esta fin de semana. Hai que ter en conta as limitacións dos concellos á hora de se mover. Tráfico vixiará para que cada un cumpra co seu.

Un dos puntos onde realizarán estes controis está en Soutomaior, único concello con niveis másximos de restricións. Comprobarán se entran ou saen por causa xustificada. 

A área sanitaria de Pontevedra e da Coruña tamén permanecen pechadas. Isto quere dicir que os concellos que pertencen a cada unha destas áreas e estean no mesmo nivel de restrición poden ter mobilidade entre si.

Os axentes din que haberá sancións para todos aqueles que incumpran as normas. 

 

 

Noticias web

05/03/2021