CRTVG

Buscar

Tráfico intensifica a vixilancia nas estradas máis frecuentadas polos motoristas

Publicado o 26/07/2019 16:32

Tráfico quere poñerlles freo ás condutas consideradas moi perigosas, como adiantamentos antirregulamentarios, non levar casco, exceso de velocidade e consumo de alcol e drogas.

Por esta razón, a Garda Civil vai intensificar estes días a vixilancia nas estradas convencionais, as máis frecuentadas polos motoristas durante a fin de semana e onde se rexistran oito de cada dez mortes.

España é o segundo país da Unión Europea con máis motos e ciclomotores.

No que vai de ano, os motoristas mortos en accidente son 152, 39 máis ca no mesmo período do ano anterior.

Tráfico asegura que máis da metade dos sinistros son saídas de vía, sen ningún outro vehículo implicado, en zona curva e con motos de máis de 600 centímetros cúbicos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/07/2019