CRTVG

Buscar

Tráfico controla a mercadoría das furgonetas

Publicado o 22/03/2019 12:29

Estamos nun control que a Garda Civil montou na Gudiña, xusto na saída de Galicia para Castela e León. Este é un lugar moi transitado por camións e furgonetas, un tipo de vehículos cunha alta incidencia en sinistros viarios que poden deberse ao exceso de carga, á mala colocación ou ao cansazo dos condutores. Por iso, os axentes vixían que os condutores non superen os quilómetros ao volante e que non conduzan baixo os efectos dalgunha substancia prohibida.

Tamén controlan o tipo de mercadoría, que o que leven teña autorización e que o transporte sexa o axeitado. Esta furgoneta, por exemplo, non serve para o transporte de alimentos perecedoiros.

O transporte de mercadorías en furgonetas ten un peso importante na seguridade viaria. Representan, xunto aos camións, o segundo tipo de vehículos máis numerosos que circulan polas estradas galegas.

Noticias web

22/03/2019