CRTVG

Buscar

Tráfico revisa o estado das rodas e dos faros de cara ao inverno

Publicado o 16/11/2020 14:12

Con bancos de néboa dispersos por todo o territorio amenceu en Galicia o primeiro día desta campaña especial de Tráfico que supervisa o uso axeitado das luces.

Héctor Teixeira, Garda civil: "Boas, señor. Ten que empregar a iluminación. Hai néboa e é obrigatorio o uso".

"Parei aí atrás, en Santa Cruz, e traíaas, e despois, cando subín ao coche, non me acordei...", contesta o condutor, sorprendido.

Controlan tamén que os faros estean en bo estado.

Héctor Teixeira, Garda civil: "Recoméndase cada 2 anos cambialas, ou aos 40.000 quilómetros de vida útil da iluminación. Hai que substituílas, especialmente nos vehículos antigos, de dúas en dúas, porque senón varía a intensidade dunha a outra".

O outro cabalo de batalla son os pneumáticos, que deben garantir a maior suxeición á estrada nas condicións adversas que nos depara o inverno.

Héctor Teixeira, Garda civil: "Neste caso, o debuxo presenta un desgaste importante, chegou á lamia, que están ao bordo, ademais ten fendas... A sanción son 200 euros por pneumático. Se leva os 4 mal, sería unha sanción importante".

"Que queremos aforrar e non os cambiamos porque non cobramos ou porque estamos mal de diñeiro... Pero a seguridade é o primeiro", asegura un condutor.

Alertan ademais sobre a distancia entre vehículos, un seguro de vida tamén na estrada.

 

Noticias web

16/11/2020