CRTVG

Buscar

Tráfico busca o condutor do vehículo kamikaze do sábado na autovía do Barbanza

Publicado o 08/04/2019 13:05

As imaxes que están a ver ocorrían o sábado ás oito da tarde á altura do concello de Boiro, en dirección Padrón-Ribeira. Unha persoa que ía noutro vehículo conseguiu gravar co seu móbil durante varios minutos o turismo que circulaba en dirección contraria pola autovía, provocando o caos e o susto dos condutores que circulaban canda el. A Garda Civil de Tráfico está investigando agora o ocorrido para identificalo.

Non é a primeira vez que deteñen un kamikaze nesta mesma estrada. No 2018 un condutor que circulaba en sentido contrario provocou un accidente con outros dous vehículos.















 

Noticias web

08/04/2019