CRTVG

Buscar

Tráfico adapta os controis de alcoholemia aos novos horarios da hostalería

Publicado o 17/05/2021 16:09

A desescalada está mudando tamén a estratexia da Garda Civil de Tráfico para realizar controis de alcolemia. Agora, co remate do toque de recollida, os principais riscos concéntranse entre as once da noite, que é a hora á que pechan os bares, e a unha da madrugada, cando pechan os restaurantes.

A Garda Civil lembra que haberá controis de alcol nos arredores destes establecementos para tratar de sacar o antes posible da estrada os que bebesen en exceso.

Noticias web

17/05/2021