CRTVG

Buscar

Bos días

Tractores clásicos percorren o Camiño Real desde Pedrafita a Lugo

Publicado o 25/02/2013 10:09


Unha vintena de tractores clásicos botouse ao monte para facer o traxecto entre Pedrafita e Lugo polo Camiño Real. É a vía que xa na época dos romanos e tamén na Idade Media utilizaban viaxeiros e comerciantes para atravesar esta zona de montaña cando facía mal tempo.

Con esta marcha, queren reivindicar esta antiga ruta que atravesaba os concellos de Pedrafita, As Nogais, Triacastela, Láncara, O Corgo e Lugo.
No seu momento revolucionaron o campo, pero hoxe son auténticas xoias que só saen cando a ocasión o require. Desta volta desafiando xeo, néboa e frío.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

25/02/2013