CRTVG

Buscar

Traballos de desentullo no edificio que rebentou en Madrid

Publicado o 22/01/2021 14:45
Traballos de desentullo no edificio que rebentou en Madrid

Un robot axuda desde esta mañá ao desentullo do edificio que rebentou en Madrid por unha explosión de gas. Con el, os técnicos agardan poder desmontar con maior rapidez e seguridade a parte superior do inmoble e seguir co desentullo de toda a parte danada.

A intervención, que de momento se limita á cuberta e aos andares superiores da casa, podería estar lista nunha xornada, pero o vento está complicando un pouco a tarefa.

Noticias web

22/01/2021