Traballo asegura que as empresas en ERTE con menos de dez traballadores non terán que dar formación
Os técnicos da patronal, dos sindicatos e do Goberno apuran as negociacións para renovar uns ERTE que se extinguen xa este xoves e que afectan uns 270.000 traballadores. Durante unha visita a Cantabria, tanto o presidente Sánchez como a ministra de Traballo amosáronse confiados en que haxa acordo esta semana. Yolanda Díaz amosou a súa vontade de prorrogalos ata o 31 de xaneiro.
O principal atranco na negociación atópase nun dos puntos que propón o Goberno. As empresas de máis de dez traballadores que queiran renovar ese ERTE terán que presentar, obrigatotoriamente, un plan de formación para o persoal afectado.
A patronal rexeita esta condición, deixando no aire a prórroga dos ERTE no Consello de Ministros deste martes. O que si se aproba seguro é a suba de 15 euros no salario mínimo interprofesional, que queda en 965 euros ao mes.