CRTVG

Buscar

Traballo coral do Ensino para gañar en Zamora e manterse entre as oito mellores

Publicado o 11/01/2020 21:00

Na liga feminina, o Durán Maquinaria Ensino consolida a súa posición de playoff logo de vencer na cancha do Zamarat por 73-79. Foi a sétima vitoria da temporada para as lucenses que encamiñaron o partido cun parcial de 11-23 no segundo cuarto que lles permitiu remontar e chegar ao descanso cunha vantaxe de 32-38. No terceiro cuarto mantivo as distancias e no derradeiro chegou a colleitar unha máxima vantaxe de 16 puntos, enxugada no treito final polo cadro local. Salientou o brillante traballo colectivo do Ensino, con 7 xogadoras que anotaron 8 ou máis puntos. Laura Aliaga foise ata os 14 puntos cun extraordinario 4-4 en lanzamentos de 3 e Stanacev, con 12 puntos e 9 asistencias. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2020