Traballo contra o reloxo en Madrid para retirar a neve
Publicado o 11/01/2021 10:34
A neve en Madrid está moi compacta e a auga converteuse xa en xeo, o que provocou que a xente esvarara na rúa. Hai maquinaria pesada retirando neve das estradas e queda moito traballo.
No aeroporto de Baraxas seguen os traballos para retirar a neve das pistas. Xa se están producindo chegadas desde ás sete da mañá. A única terminal aberta é a T4 e a satélite. Será unha reapertura moi gradual.
Madrid non recuperará o ritmo normal ata ben media a semana. Sorprende o pouco tránsito na cidade. Non haberá colexio hoxe e mañá e tampouco universidade.
Son moi complicadas as comunicacións terrestres e non funciona o transporte urbano.
Mercadrid non pode abrir hoxe e está previsto que mañá xa poida reabrir e fornecer os supermercados.