CRTVG

Buscar

Traballadores e usuarios do Hospital de Verín acordan un encerro indefinido como protesta

Publicado o 03/12/2019 18:31

Continúan as medidas de presión de traballadores e usuarios do Hospital de Verín contra o peche do paritorio.
Nunha asemblea celebrada este mediodía para valorar a xuntanza que onte mantiveron co conselleiro de Sanidade, acordaron continuar co encerro no hospital de xeito indefinido. Consideran que existen alternativas para manter o servizo e pídenlle á Xunta que as valore. Na xuntanza, o conselleiro asegurou que, a día de hoxe, o servizo non é viable por seguridade para as nais e os bebés.

Arredor dunha vintena de traballadores continúan pechados no hospital de Verín. Non houbo acordo na reunión que mantiveron co conselleiro de Sanidade e o peche, din, é indefinido. Acúsano de non valorar ningunha das alternativas propostas. O conselleiro asegurou que, a día de hoxe, o servizo de partos non se pode manter pola seguridade das nais e dos seus bebés, e que as propostas presentadas non son viables a curto prazo.

O PP provincial, Democracia Ourensana e Ciudadanos acaban de presentar unha moción conxunta a debater no pleno da Deputación pola defensa dos servizos do Hospital de Verín.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019