CRTVG

Buscar

Traballadores dos PAC peregrinan ata o Obradoiro para pedir melloras laborais

Publicado o 27/03/2019 18:57

Representantes dos PAC de Galicia, en folga dende principios de xaneiro, visualizaron en Santiago as súas reivindicacións, aínda non aceptadas pola Consellería de Sanidade.

Fixeron unha peregrinación simbólica dende a sede do Sergas en Santiago ata a praza do Obradoiro, onde construíron un muro con caixas, en que estaban escritas as súas demandas. Queren que se cumpran os acordos asinados en 2008 e outros aos que cheguen nas negociacións que están a manter coa consellería.

Consideran que é un colectivo con sobrecarga de traballo e que solucionar o problema non supón un problema orzamentario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2019